venres, 17 de xaneiro de 2014

Xa está ben, de lume!

Este e o título da canción que crearon os compañeiros de 6ºB e o seu profesor David. Na súa letra podedes ver reflectidos os seus sentimentos despois do que aconteceu no verán no noso concello. Isto é un adianto do que coñeceredes proximamente.























Xa está ben... de lume! 
Este verán no Rosal 
non podo respirar 
da casa hei de saír 
non nos deixan quedar.
O lume xa chegou 
aos muíños do Folón 
so nos queda dicir: 
Xa está ben
de lume!
Xa está ben

Paisaxe, fauna, muíños
isto é O Rosal
Se xogamos co lume
nada nos vai quedar
Xa soan as campás
o lume hai que apagar.
Xa estou farta de ir.
O monte hai que limpar.
De lume!

Na primeira parte do proxecto "E agromará outro bosque" convidamos aos rapaces a que nos describan os seus sentimentos ante o sucedido. Este é o resultado.

Ningún comentario: