xoves, 29 de maio de 2014

O achado do Castro

Nós lemos un libro que se chama O achado do castro. É unha obra de teatro e lémolo todos na clase. Cada un tiña un personaxe. Isto foi novo para nós. 


O libro conta como dous rapaces chamados Manolitus e Carmiñae, que estaban namorados, encóntranse ás agachadas porque os seus pais non os deixan estar xuntos.
Está ambientado en Roma. Hai nomes de personaxes moi simpáticos como Arpexia, Catulo, Caleno, Manolitus, Carmiñae...
Ten cousas moi simpáticas como cando o Emperador di: Mecago en Nápoles!!! sempre que se enfada.

Nós recomendaríamos a lectura deste libro porque é moi divertido e gracioso. Non se pasa mal léndoo: é delgadiño e remátase pronto.

Jessica, Ana, María, Víctor 1º ESO Agrupamento

Ningún comentario: