sábado, 31 de maio de 2014

O corazón de Xúpiter de Ledicia Costas



Este libro é moi bonito e non podes parar de ler chegado certo momento. É unha fermosa historia de amor, xa que conta a ilusión da protagonista por Xúpiter sen coñecelo de nada.
Toca moitos temas: as relacións entre adolescentes, as redes sociais, o mundo astral...
O final é moi abraiante e non o agardas en ningún momento.
O que máis me gustou foi a forza que ela demostraba no colexio sabendo como a trataban un grupo de rapaces.

Sergio Rodríguez Rodríguez 3º ESO B

Ningún comentario: