xoves, 16 de abril de 2015

O sol

O sol é o fulgor dun cabalo loiro.
O sol é a alegría do noso corazón.
O sol é o lume da existencia.
O sol é a nosa lenta destrucción.

O sol é a escuridade que queremos ver.
O sol é a  bombilla que ilumina a nosa vida.
O sol é o candil prehistórico.
O sol é o espertar de cada día.

O sol é todo o que desexamos e padecemos.
O sol é un bote de pintura amarelo.
O sol é un ente que nos protexe do noso interior.
O sol é a estrela das estrelas.

O sol é unha tortilla cando tes fame.
O sol é a barriga de Homer Simpson.
O sol é unha paella valenciana.
O sol é a orientación do noso camiño.
Alumnado de 4º ESO 
(Obradoiro de poesía con Yolanda Castaño)

Ningún comentario: