martes, 27 de maio de 2014

O pardello


Estaba toda tranquila apoiada nunha póla dunha árbore. Sinto un leve calor por todos os sitios. Levanto la vista e vexo como todos os animais se marchan.
Miro cara atrás e vexo unhas grandes lapas que intentan arrasar son todo o que hai por diante. Eu tiña máis posibilidades escapar. Decidín levantar voo e marchar rapidamente. Ao día seguinte decidín ir ver como estaba. Seguían as lapas. Había homes botando auga. O fogo seguía e seguía pese aos intentos de paralo.
Pasada unha semana volvín. Xa nada era coma antes. O recordo das lapas quedaron na miña memoria para sempre.
Azucena Santos Estévez, 6º A

Na primeira parte do proxecto "E agromará outro bosque" convidamos aos rapaces a que se poñan na pel dos animais do monte e que describan como viviron eles os incendios.

Ningún comentario: