luns, 26 de maio de 2014

Na pel dun animal

Era eu unha cerviña, normal e corriente, non por moito tempo porque ía sobrevivir ao maior incendio da historia do Rosal. Así ocurreu ...
Estaba tan tranquila comendo herba cando de repente cheirei fume e asusteime. Cinco minutos máis tarde xa se vían as lapas que cada vez estaban máis cerca, eu botei a correr ata que cheguei a unha matogueira de silvas  pola que tiven que cruzar para non morrer.















A miña historia acaba ben. Cando xiraba sobre min mesma tan só vía lapas e más lapas e eu non facía máis que pensar en que se acercaba un triste final. Pero non foi así. Por sorte subinme a unha pedra bastante alta que estaba cerca de min. Alí permanecín ata que toda aquela paisaxe estaba negra pero libre de lapas. Nese  momento baixei da pedra e case se me derreten os pezuños do quente que estaba o chan totalmente queimado. Eu miraba arredor e non vía máis que un chorro de auga dos benditos bombeiros que me salvaron a vida. Ao día seguinte a miña loita por atopar comida e bebida continuaba.
Raquel Castro Álvarez, 6ºA

Na primeira parte do proxecto "E agromará outro bosque" convidamos aos rapaces a que se poñan na pel dos animais do monte e que describan como viviron eles os incendios.

Ningún comentario: