domingo, 25 de maio de 2014

Hai lume

Un día estaba collendo comida no monte e cheiroume a fume, pero non fixen caso. Cando fun levar a comida a miña casa cheiraba máis a fume. Púxenme a mirar ... e... había lume. O monte empezaba a arder!
O primeiro que fixen foi ir correndo a avisar aos meus amigos, e despois pornos todos a salvo.
Eu sentíame moi mal, se os humanos nos se daban presa en apagar o fogo todas as nosas casas arderían: as árbores, os fentos, os toxos ... e o mellor, algún de nós.
Despois duns quince minutos oímos un ruídos. Fomos ver e eran humanos cunha vestimenta moi escura.
Traían unhas cousas longas que botaban auga, supoñiamos que sería para apagar o lume. Cada vez o lume ía a menos ata que o deron apagado. Uf! Eu estaba moi aliviada. Por sorte ningún de nós resultamos feridos e as nosas cousiñas non arderan.

 Carla de 6ºB
Na primeira parte do proxecto "E agromará outro bosque" convidamos aos rapaces a que se poñan na pel dos animais do monte e que describan como viviron eles os incendios.

Ningún comentario: