sábado, 24 de maio de 2014

Un resplandor

Estaba unha noite buscando comida cando mirei un resplandor forte. Cegada pola luz fun mirar o que pasaba.  Cada vez que me acercaba a calor aumentaba, ata que me decatei que había fogo.
Fun avisar a todos os animais que me atopaba. De repente xa se escoitaban as sereas e homes intentando apagalo. En cuestión de segundos o fogo arrasara medio monte.
Despois de voar unhas horas atopei refuxio nun carballo. Pola maña fun ver o sitio onde acontecera esta desgraza e púxenme triste, por ver como estaba a paisaxe, pero tamén aliviada por saber que o peor xa rematara.



















Ángela González Pérez, 6º B


Na primeira parte do proxecto "E agromará outro bosque" convidamos aos rapaces a que se poñan na pel dos animais do monte e que describan como viviron eles os incendios.

Ningún comentario: